No inverno do 18 tiven a oportunidade de formar parte do elenco (Lucía Regueiro, Monti Castiñeiras, Xúlio Abonjo...)da mítica serie da TVG, Serramoura. Anos antes puiden adentrarme nesta ficción a través dos seus guionistas Alberto Guntín, Lidia Fraga e Jacobo Díaz entre outros, mentres traballaba como auxiliar no departamento de guión. Un dos motivos polos que logo quixen formarme como tal.

Nesta ocasión interpretaba a Lourenzo, un rapaz conflitivo que acaba enleado por Diana (Laura Calvo) filla dun marqués que finxía o seu propio secuestro. Tal foi o enredo que a miña personaxe acabou pasando a mellor vida tras recibir un tiro na cabeza, con posterior aparición pantasmal. 

Un inicio profesional que non puido ser mellor, gardando moi bos recordos daquel inverno polos bosques de Serramoura.