Formado e con experiencia en diversas ramas do audiovisual: Dende a dirección e o guión ata actuación, pasando pola fotografía.
Traballou como auxiliar de guión e desenvolvemento, para series galegas como "Serramoura" ou"Urxencia cero" producidas por "Voz Audiovisual" e como fotógrafo de rodaxe e cámara para "La Tuerka Films" ou "Melgo Cinema"
Como actor participa en numerosas curtametraxes, algunhas cun bo percorrido por festivais como "Astral" de Jorge Fernandez, gañadora do FIC de Bueu a mellor curta universitaria 2017 ou "Calma" de Ricardo Varela, seleccionada coma unha das mellores pezas de EFTI no seu 30 aniversario.
No 2018 pasa a formar parte do elenco de Serramoura, interpretando a unha das personaxes desa tempada.
Actualmente traballa como fotógrafo e videógrafo freelance, mentres compaxina os seus proxectos persoais como guionista e director.